A oferta de asistencia fai referencia ó asesoramento e orientación familiar, en sesións individuais, de parella ou familiares, segundo o requira o caso a tratar. Estas sesións lévanse a cabo maioritariamente, nas instalacións do centro, anque en casos esporádicos pode darse o caso de facer visitas a domicilio.
Por outra banda ofrécense cursos/obradoiros de autoestima, relaxación, memoria, habilidades sociais..., dirixido a nen@s, adolescentes, adult@s e terceira idade, pertencentes a distintos grupos, asociacións veciñais, amas de casa, asociacións de enfermos de diferente índole, coma por exemplo de fibromialxia... Estes obradoiros lévanse a cabo maioritariamente fora das instalacións do centro, normalmente nos locais mais próximos ós destinatarios, por propia petición da clientela.